Dende tempos inmemoriais celébrase esta festividade o día 8 de Maio na capela de San Miguel ubicada na falda Sur do Coto de Novelle, onde algún día existiu o pobo do mesmo nome. Faise unha romaría onde acuden tabernas coas comidas e o viño do ribeiro, para disfrutar debaixo dos carballos centenarios que dan frescor ao campo que circunda a capela.
Durante varios anos esta festa non chegou a celebrarse, pero na actualidade ten unha importante revitalización e alí acuden no sábado mais perto do día 8 de Maio cantidade de romeiros tanto de Arnoia como dos pobos veciños de Castrelo de Miño e Cartelle. Alí grupos de amigos, veciños, etc. acuden varios días antes para reservar a súa zona, para colocación das mesas, e o día da romaría centos de persoas preparan alí os seus cocidos e asados acompañados da pulpería e dunha charanga que participan na celebración da misa solemne a mediodía e animando aos comensais ata que chega a noite.
PROGRAMA 2011:
Sábado 7 de Maio
A misa solemne celebrarase ás 13:00 horas e a continuación a procesión. Ó rematar os actos litúrxicos terá lugar o xantar campestre tamén haberá postos de pulpo nas inmediacións da ermita. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, actuación das Charanga Beiramiño de Tomiño e o Dúo Fervenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario