VIVIENDAS TURÍSTICAS EN RIBADAVIA

ascasitas@gmail.com

988 472 192 - 636 968 847




jueves, 12 de agosto de 2010

FESTA DA ISTORIA 2010



A "Festa da Istoria" recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Recuperar a Festa foi un esforzo da xa desaparecida "Escola Taller de Santo Andrés". A testemuña fué recollida polo pobo, que representado por unha Coordionadora Veciñal a segue representando todos os anos, contando para iso cun gran número de voluntarios.

O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano a Coordinadora leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de xogos populares, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.

Non cabe dúbida de que a actividade principal é a "Festa da Istoria" e para iso non se escatiman esforzos que se ven recompensados polos distintos recoñecementos a nivel rexional, estatal e internacional (Declarada de Interese Turístico Nacional, Premio Canle da Historia...).